Campus Rock 2008 :: Cartel y Horarios
Escrito por vitrogg | Abril 28th, 2008 | Guardado en Agenda, Conciertos, Festivales, Música, Noticas |
El campus rock de la universidad de A Coruña está a punto de caramelo. Ya informábamos hace unas semanas de los grupos que participarían en esta 12ª edición. Ahora volvemos a acercarnos hasta este evento musical, para refresacarlo, ya que faltan 2 días y no podéis faltar a la cita con el buen rock, y lo más importante que todo es de gratís!
Os vamos a dejar el cartel oficial de esta edición aquí a lado para que le echeis un vistazo, para agrandarlo solo pinchad encima del mismo. Además para que vayáis haciendo vuestras cabalas y planes también os dejo los horarios a los que subirá cada grupo al escenario.
Finalmente dejaré toda la información relevante acerca del mismo y una breve descripción de cada uno de los grupos participantes extraída de la nota de prensa del festival.
Horarios
GINFERNO (Madrid) 1:45
SOUL GESTAPO (Santander) 00:30
THE PHANTOM KEYS (O Grove) 23:15
SUGARMOUNTAIN (Pontevedra) 22:00
COMBO DINAMO (A Coruña) 21:00
Información Útil
Mércores, 30 de abril de 2008
Aparcadoiro Facultade Informática. Campus de Elviña. Cidade de A Coruña de 20:00 a 03:00
Acceso libre e de balde.
Os buses continuarán cun servicio habitual dende as 22:00 ata as 3:00.
Venta de discos, artesanía, camisetas,…
Aproveitadevos da véspera do festivo!!!
Grupos
Ginferno (Surf / African Beat / Psychobilly)
Ginferno é un trío madrileño que comeza no 1997 como grupo de improvisación en directo. No ano 2001 montan un estudio de grabación (Estudios Sónica), ó cal se converte na súa base operacións. Aproveitando os recursos dispoñibles no seu estudio, Krater, El Nene y Ariman establecen una metodoloxía de traballo basada no “corta e pega” que lles permite explorar conceptos de estructura, armonía, ritmo e textura. No ano 2002 anímanse a grabar un disco con 8 composicións, “Ginferno” que vería á luz no ano 2003. Arrancan unha longa xira que remata en Marzo de 2006 co mítico concerto de inauguración de “la [2]” do NITSA (Barna), xunto con Garzón e Tarántula. No verán de 2006 Ginferno graban o seu segundo disco, que sería publicado en Febreiro de 2007. En Setembro de 2006 Kim, un reputado percusionista de chatarra e poeta sueco, unese a agrupación incorporándose con éxito ao proceso compositivo da banda. Ao longo da sua carreira percorreron media España e Portugal, pasando por festivais como o Primavera Sound en dúas ocasións(2004 e 2005), e agora por primeira vez terán a oportunidade de tocar en territorio galego. Un concerto que atrapará a máis dalgún indeciso.
Soul Gestapo (Rock / Punk / Garage)
Soul Gestapo é un trío de Santander formado no 2002 e agora integrado por músicos como Aitor Ochoa, Raúl Real e Iñaki García. Ser un trío implica a cruda esixencia de que cada músico ten que saber manexa-lo seu espazo, e esta banda lograo cunha excelente calidade, sen antifaces sonoros. Un son afilado, potentes melodías e guitarras, unha voz que sabe estar donde debe, e unha base rítmica de gran solidez, amóldanse perfectamente logrando un obxetivo: cancións do mellor rock escoitado últimamente por estas terras.
Temas con personalidade e, á vez, con pequenas concesións que poden recordar ao mellor rock setentero, algo de hard rock quizáis; aínda que, repetindo, Soul Gestapo saben facer seu un terreo propio e independiente donde as influencias quedan nos aledaños. Soul Gestapo sona xa a Soul Gestapo.
Isto é difícil de lograr. Non inventan nada novo, pero saben recrealo sen escrúpulos. Así queda claro nos seus seis últimos temas que compoñen a súa última e terceira entrega ata a data “Musth” (Oidos-sordos 2007) na que saen á luz cancións como ‘Bad Feeling’, ‘By your side’, ‘Musth’, ‘Now it´s time’, ‘Gunslinger man’ y ‘Need’. A forza dos seus directos quedará grabada nas mentes de moitos.
A crítica nacional e internacional tivérono claro. De feito os seus discos teñen público xa máis aló das nosas fronteiras: Inglaterra, Alemaña, ou Suecia son lugares onde o seu traballo crea expectación. Algunhas das críticas son claras: «guitarra, baixo e batería sonando a rock de verdade»; «Punk rock de ascendencia australiana como poucos saben facelo».
The Phantom Keys (Garage / R&B / Big Beat)
The Phantom Keys creáronse na primavera do 2005 nun garaxe entre patacas, repolos e demais flora silvestre da zona de Ogrobe. Dende entón, este sexteto de cavernícolas influenciados polo rock ‘n’ roll e garaxe dos anos sesenta non pararon de percorrer a xeografía española e parte do estranxeiro, de festival en festival, creándose una boa reputación na “escea” cos seus enérxicos directos plagados tanto de boas versións como de temas de colleita propia, que seguramente serán o máis parecido a ver á túa banda sixties favorita que poderás encontrar hoxe en día.
Como a súa banda favorita, Spinal Tap, The Phantom Keys tiveron varios cambios de batería e tamén de músicos entre as súas filas. Coas novas incorporacións, a banda sona máis compacta que nunca e o son perfilouse minuciosamente, provocando unha involución ata o Rythm&Blues como o que facían na súa época os primeiros Stones, Pretty things e outros grupos británicos de blanquiños querendo ser tan negros como Bo Diddley ou Chuck Berry.
Cun 7″ Editado polo selo coruñés “El Beasto” e dous máis grabados esperando o momento de ver a luz, chegan triunfantes do seu último concerto en Londres, onde compartiron cartel cos mesmísimos Sonics. Non te perdas o concerto do que todo o mundo falará durante as próximas semanas.
Sugar Mountain (Rock)
Pontevedra. Vrán de 1999. A pasión polo rock´n´roll de cinco bos amigos da lugar a Sugar Mountain. O seu son é compacto, rock americano crudo e directo, de riffs contundentes e melodías luminosas. Tras varias demos publican HCT – primeiro EP- en 2003, despois de actuar sen descanso nos seus tres anos de existencia e de compartir escenario con bandas como The Georgia Satellites, Drive-By Truckers, The Bellrays, Diamond Dogs e multitude de grupos da escea española por todo o país.
A comezo de 2004 graban o seu primero larga duración “Hand Crafted Tunes”, producido por Dan Baird, enamorado da banda tras tocar xuntos un ano antes. O disco publicado en España o sello Good Sounds colleitando inmellorables críticas en toda a prensa especializada levando ao grupo a tocar por todo o país así como en Alemaña, Portugal e a República Checa.
No ano 2006 publican “In The Raw”, o seu esperado segundo álbum. Producido por Eric ‘Roscoe’ Ambel, mezcrado por Greg Duffin (Robbie Fulks, Wilco) e masterizado por Scott Hull (Bruce Springsteen, David Bowie). “In The Raw” que foi publicado simultáneamente en España e EEUU deixanos un novo conxunto de grandes cancións que sitúan a Sugar Mountain como artesáns do rock de primeira clase. Na mellor tradición de Faces e Stones: riffs contundentes, ritmo contaxioso, melodías luminosas e actitude que para sí quixieran moitas vellas glorias.
Combo Dinamo (Pop Rock)
Combo dinamo representarán o sonido da cidade. Son unha mutación doutra das bandas máis destacadas nesta, os Mistakens.
Pero ágora produciuse unha transformación, como cantan eles, isto non é “Más de lo mismo”. Debutan neste 2008 con “Decencia y buen gusto” (Wonderland/Junk) e o citado primeiro single da banda acaba de ser seleccionado por Lucinda records para o seu recopilatorio Bravo Lucinda. Tamén o festival Lemon pop a seleccionou como unha das mellores recibidas no seu primeiro concurso de maquetas.
“Decencia y buen gusto” son 13 cancións con vida propia. Con letras moi variadas e intelixentes, con teclados que enriquecen o resultado final. O disco está grabado nos estudios Bonham da Coruña e a producción correu a cargo da banda e do productor e músico José Bonham, que dedicaron moitas horas a lograr o son desexado.
As suas influencias más recoñocibles: The Who, Bowie, Devo. E. Costello, Radio Futura, Supergrass, Franz Ferdinand…
| Enviar este artículo a: | |
| Enviar por e-mail: |
|







Que grande!!
.
Sin duda alguna la mejor edición de todas, un nivel musical excepcional.
Esperemos que así continue por muchos años más
Haber si colgamos algunas fotos dentro de poco.
Saludos!