Espazos Sonoros 2009:: 88 conciertos entre el 15 de Abril y el 28 de junio en lugares singulares de la geografía gallega
Escrito por vitrogg | Abril 6th, 2009 | Guardado en Festivales, Música, Noticas |El próximo día 15 de Abril comenzará la programación del ciclo Espazos Sonoros 2009 que se prolongará hasta el día 28 de junio, dejando tras de si 88 conciertos a cargo de 36 artistas internacionales y nacionales con propuestas arriesgadas y diversas, y cada una de estas actuaciones en 27 lugares singulares de la geografía gallega como pueden ser museos, iglesias, … . Sin duda alguna una programación cuidada y arriesgada a la vez que interesante, tocando distintos estilos como la música clásica, jazz y diversos híbridos experimentales.
La inaguración del ciclo será el próximo día 15 en el Hostal de los Reyes Católicos con la actuación de Tasto Solo dando el pistoletazo de salida a dos meses de propuestas originales que conformaran una serie de experiencias únicas que nos llevarán más allá de la interpretación musical.
Todas las experiencias musicales dentro de este vanguardista ciclo musical las podéis consultar en la web oficial pinchando aquí. Además, si quereis profundizar más en detalle acerca de los distintos lugares, localidades y artistas de la programación os dejo la nota de prensa de la xunta a continuación, ahora solo queda estar atento a los conciertos que se encuentren más cerca de tu localidad.
Un pequeno circo sonoro de música e obxectos nunha igrexa; sons experimentais e jazz nun hangar da Segunda Guerra Mundial; un música de gramófonos e fonógrafos nun museo, as primeiras actuacións en Galiza de Rolf Lislevand e a Ensemble Kapsberger… Estas e outras moitas propostas son as que presenta a segunda edición de “Espazos Sonoros”, organizado pola Consellaría de Cultura. Do 15 de abril ao 28 de xuño igrexas, museos, mosteiros, pazos e outros espazos culturais acollen concertos de música clásica, contemporánea e experimental.
A segunda edición de Espazos Sonoros conxugará propostas musicais de diferentes estilos coa valorización de espazos singulares do patrimonio cultural galego. O festival este ano medra en días, formacións e concertos. Ao longo de dous meses e medio desenvolveranse en 27 espazos culturais de de Galiza 88 actuacións a cargo de 36 formacións galegas e internacionais. As 23 localidades que acollerán os concertos son:
- A Coruña, Santiago, Sada, Betanzos, Padrón, Noia;
- Lugo, Cervo, Guntín, Monforte, Castro de Rei;
- Ourense, Celanova, O Barco, Ribadavia, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía;
- Pontevedra, Vigo, Cambados, Redondela, Tui e Tomiño.
En Espazos Sonoros teñen cabida un amplo abano de propostas nas que se dilúen as barreiras entre diferentes estilos musicais: música vocal, antiga e de cámara, música para órgano, jazz, canción de autor, folk, música contemporánea, electrónica e incluso danza. Neste festival, o atractivo das actuacións programadas está reforzado polo carácter singular dos espazos nos que teñen lugar os concertos.
Formacións galegas e internacionais
O festival ábrese o 15 de abril no Hostal dos Reis Católicos de Santiago coa actuación de Tasto Solo e Germán Díaz, na que se mesturarán a danza antiga e os instrumentos de corda do século XIV.
Será o arranque dun festival que conta con numerosas propostas de gran atractivo para os afeccionados e o público xeral:
- a música antiga de Ensemble Kapsberger, Rolf Lislevand, Austrian Baroque Company, o Grupo Meendinho, Ensemble Galante, e o Coro Campus Stellae e os Menestreis de 1500;
- as diferentes formas de enfrontarse á música para órgano de Amandine Beyer e Martina Schobersberger, Camerata Vivace e Soledad Mendive, e Jean-Luc Guionnet e Sejiro Murajama;
- a música de compositores do século XX interpretada por Nicasio Gradaille, Galicia XXI, e Ensemble Iulius XII;
o jazz nas súas diferentes correntes de U-lo Trío, Desidério, 2uS, Abe Rábade Trío, Terele Gradín e Manuel Gutiérrez, e Animales Domésticos; - a música contemporánea de Aleksander Kolkowski, Madame Cell, a Orquestra Omega, e Pierre Bastien;
- os achegamentos á música folk e popular de Emilio Cao, Jazzica, ISGA Collective, Lonely Drifter Karen, e Moscow Art Trio;
- as sonoridades dos instrumentos de corda de Jozef van Wissem, Mateo Arnáiz, Cuarteto Ephimere, Los Cuatro Elementos, e Le Trio Joubran;
- e os cruces con outras disciplinas artísticas: coa danza en Escoitar Danza, co circo en Le Petit Cirque e co teatro en Os Fonocontos.
Un dos aspectos destacados de Espazos Sonoros é que a maioría das actuacións programadas traspasan os lindes entre xéneros, épocas e estilos de música. Tamén destaca a importante presencia de artistas galegos e doutras latitudes afincados en Galiza, xunto con intérpretes doutros países. O obxectivo é mesturar formacións de prestixio internacional con grupos novos que se abren camiño na música clásica e contemporánea.
Actuacións en 27 espazos
Unha das marcas distintivas de Espazos Sonoros como festival único no panorama galego é o feito de que se desenvolve en espazos culturais espallados por toda a xeografía galega. Deste xeito póñense en valor lugares destacados polo seu interese desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural. Facilítase tamén o achegamento do público a ditos espazos e á súa significación.
Co obxectivo de dar a coñecer novos lugares do noso patrimonio, a maioría dos espazos incorpóranse este ano ao festival. As actuacións desenvolveranse en:
- museos e centros de arte como o Museo de Belas Artes, o Aquarium Finisterrae e a Casa do Home (A Coruña), o Museo Carlos Maside (Sada), a Fundación CIEC (Betanzos), o Museo de Sargadelos (Cervo), o Museo Provincial de Lugo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o novo edificio do Museo de Pontevedra e o Museo do Mar (Vigo);
- igrexas e mosteiros como a igrexa da Universidade (Santiago de Compostela), Santa María a Maior de Iria Flavia (Padrón), Santa María a Nova de Noia, Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín), Santa María da Régoa (Monforte), San Salvador de Celanova, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía, o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia), a igrexa da Madalena (Ribadavia), San Bieito de Fefiñáns (Cambados) e a catedral de Tui;
- edificios civís urbanos como o Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), o pazo de San Marcos (Lugo) e a Casa Riocigüeño (O Barco de Valdeorras);
- e outros espazos especialmente singulares, como o forte de San Lourenzo de Goián (Tomiño), a illa de San Simón (Redondela) e o aeródromo de Rozas (Castro de Rei).
| Enviar este artículo a: | |
| Enviar por e-mail: |
|






